Servizos Sociais

Obradoiros para mulleres e familias, durante embarazo e posparto. - Corpo e vida: - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Corpo e vida:

Obradoiros para mulleres e familias, durante embarazo e posparto.

1. Que é?

Corpo e vida é un proxecto que nace da importancia de acompañar e dar espazo aos cambios non só físicos, senón emocionais, psicolóxicos e da propia identidade que se dan durante o embarazo, parto e posparto.

Corpo e vida non só se plantexa como un espazo no que adquirir ferramentas ou reflexionar sobre as necesidades e cambios profundos deste período, senón que pretende tamén poñer os coidados no centro do foco, e a maternidade e crianza coma a base da sociedade na que vivimos. Ao mesmo tempo pretende poder xerar rede informal e vencellos entre mulleres, crianzas e familias dende o respecto e a valoración da diversidade.

Falar de vida, emocións, medos, cambios, morte, do, sexualidade, corpo, amor e vertixe. nunha viaxe transformadora sempre e idealizada e descoñecida moitas veces.

2. Que quere ofrecer?

a) Ofrecer ferramentas de autocoidado e apoderamento para embarazo, parto e posparto.

b) Crear un espazo de confianza para expresión emocional e xerar unha narrativa da propia experiencia da maternidade

c) Buscar dende o corpo a nova identidade que se dará a na muller (e no bebé e familia)

d) Tratar temas relacionados coa sexualidade, emocións, apego, regulación e autocoidado, papel da parella/acompañante, psicopatoloxía no posparto, dó xestacional e perinatal, dó na maternidade...

3. De que se vai falar e canto tempo?

O proxecto estrutúrase en 7 sesións de dúas horas de duración cada unha delas:

-Luns 14 de Novembro:  Sesión 1- “Corpo e vida: embarazo, emocións, identidade e autocoidado”

-Luns 21 de Novembro:  Sesión 2- “Corpo e vida: cerebro de nai, vencello co bebé e historia de vida”

-Luns 28 de Novembro:  Sesión 3 - “Corpo e vida: viaxe ao planeta parto”

-Luns 5 de Decembro: Sesión 4 - “Corpo e vida: nacer e morrer, os dós na maternidade”

-Luns 12 de Decembro: Sesión 5 - “Corpo e vida: apego e construcción do vencello ao outro lado da pel”

-Luns 19 de Decembro: Sesión 6 - “Corpo e vida: luces e sombras do posparto”

-Luns 26 de Decembro: Sesión 7 -“Corpo e vida: construirse na nova identidade, indo máis alá da boa e a mala nai”

4. Onde e cando?

Serán os luns de Novembro e Decembro en horario de 17:30 a 19:30h na biblioteca municipal de Rianxo.

5. A quen vai dirixido?

Mulleres embarazadas ou que acaban de ser nais e as súás parellas/acompañantes

6. Quen o facilita?

Natalia Guedella Sebastián, Psicóloga Colexiada G-5137, especialista en Psicoloxía perinatal, formada en Terapia familiar, apego, trauma, e con formación estándar en EMDR.

7. Inscripcións​​​​​​​

​​Prazas Limitadas. por orde de inscrición.

Servizo de Igualdade do Concello de Rianxo:

Teléfono: 981972731-981860061-604024012

Matrona do Centro de Saúde de Rianxo

Teléfono: 981843668