Servizos Sociais

- CUIDARELAX 2017: Programa de respiro familiar en balnearios para persoas coidadoras - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

CUIDARELAX 2017: Programa de respiro familiar en balnearios para persoas coidadoras

O programa, convocado pola Unión de Pensionistas (UDP), diríxese a coidadoras e coidadores, tanto principais como de apoio, que teñan ao seu cargo a unha persoa maior en situación de dependencia, priorizando a participación de persoas que realicen coidados de longa duración ou ampla intensidade.

A finalidade do programa é a procura dun espazo de encontro e de formación e intervención entre familias coidadoras, conxugando o apoio ás persoas coidadoras con tratamentos termais, lecer e psicoeducación.

 

PERSOAS BENEFICIARIAS
Familias que teñan ó seu cargo unha persoa maior en situación de dependencia, extendéndose  a intervención ás parellas ou fillos/as de coidadores principais de persoas maiores.

 

TIPO DE ESTADIA E SERVIZOS
O programa, que inclúe o aloxamento no balneario durante 3 noites en réxime de pensión completa e circuito termal no Balneario de Cuntis, require a participación en xornadas de intervención e formación para o autocoidado, desde metodoloxías de dinámica de grupos a técnicas de risoterapia.

As quendas das estadía distribúense entre os meses de xuño e outubro.

As persoas participantes que non dispoñan de recursos de apoio para o coidado do seu familiar en situación de dependencia, poderán solicitar os servizos de residencia, Centro de Día ou Axuda no Fogar que elixan para poder acudir ás xornadas, de maneira gratuíta e con cargo ó programa CUIDARELAX.

 

CUSTO:

O programa está financiado polo IRPF e NON ten custo para as familias participantes (unicamente o desprazamento ata o balneario)

Do mesmo xeito, para garantir os coidados dos familiares durante as estadias no balneario, o programa asume o custo do recurso que as familias elixan durante a fin de semana (residencia, Servizo de Axuda no Fogar ou Centro de Día).

 


MÁIS INFORMACIÓN

  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo
  • Unión de Pensionistas: 982 223 379 ou cuidarelaxgalicia@gmail.com