Servizos Sociais

- Estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, convoca para o ano 2013 estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas co fin de facilitarlles un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual.

 

Requisitos

  • Ter fillas/os a cargo exclusivo da muller, con idades comprendidas entre os 2 e 12 anos, inclusive.
  • Non convivir con parella afectiva
  • Estar domiciliada na comunidade autónoma de Galicia
  • Non dispoñer dunha renda per cápita mensual superior ó salario mínimo interprofesional
  • Non padecer ela nin as fillas/os que a acompañen, enfermidade que requira illamento ou impida a normal convivencia

 

Tipo de prestación

Estadía gratuíta de entre 7 e 10 días en réxime de pensión completa, cos gastos cubertos de aloxamento, alimentación, monitoras/es, actividades complementarias e transporte desde o concello de orixe. A dita estadía desenvolverase entre finais de xuño e principios de setembro.

 

Información e tramitación

Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo
Sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es
Secretaría Xeral de Igualdade: http://www.mulleresengalicia.es / 981 95 76 99 / vx.igualdade@xunta.es  

 

Prazo: Ata o 30 de maio de 2013