Servizos Sociais

A concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade  organiza o I Concurso de Carteis "Orghullo Rianxo" con motivo das actividades conmemorativas do 28 de xuño Día Internacional da Diversidade Sexual. - I CONCURSO DE CARTEIS "ORGHULLO RIANXO" - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

I CONCURSO DE CARTEIS "ORGHULLO RIANXO"

A concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade  organiza o I Concurso de Carteis "Orghullo Rianxo" con motivo das actividades conmemorativas do 28 de xuño Día Internacional da Diversidade Sexual.

O seu obxectivo é fomentar a participación da rapazada e dos centros educativos do municipio de
Rianxo, na promoción da igualdade e a non discriminación das persoas independentemente da súa
orientación sexual e identidade de xénero.

Poderán participar a rapazada entre os 3 e os 17 anos de idade. De maneira individual ou colectiva.
Cada artista ou artistas poderán presentar unha soa obra orixinal e inédita.

O cartel reflectirá a reivindicación do 28 de xuño, Día da Diversidade Sexual. Nel teñen que aparecer a bandeira do arco da vella ou as cores da bandeira do arco da vella.
Figurará de forma visíbel a seguinte lenda: “ORGHULLO RIANXO 2022”
O idioma empregado será o galego.

Deberase entregar a obra en formato A4 en JPG, mediante un correo electrónico a:
igualdade@concelloderianxo.gal.

Os traballos deben ser orixinais e inéditos, non presentados noutros concursos e que non supoñan, en
todo ou en parte, copia ou plaxio doutras obras ou imaxes publicadas propias ou doutros artistas e/ou
autores e libres de dereitos de autor.

O cartel gañador terá un premio dun lote de libros e será o cartel que se reproducirá oficialmente
dende o Concello para a difusión do Día do Orgullo.

Bases do concurso

Folla de inscrición

Folla de autorización