Servizos Sociais

- Montaña en Familia - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Montaña en Familia

O programa levarase a cabo na estación de montaña de Manzaneda, contempla estadías de fin de semana que comprenden desde o venres pola noite ata o domingo ao mediodía. A estadía inclúe aloxamento en apartamentos, servizo de comedor en réxime de pensión completa (incluída a merenda do sábado para os/as menores) e un programa completo de actividades.

Poderán ser beneficiarias do programa Montaña en familia as seguintes familias de especial consideración residentes na Comunidade Autónoma de Galicia:

  • As familias numerosas.
  • As familias monoparentais.
  • As familias acolledoras.
  • As familias vítimas de violencia de xénero.

Enténdese por unidade familiar a composta por todos os membros que figuran no título de familia numerosa, no certificado de familia monoparental, así como, se é o caso, a formada polas persoas acolledoras e vítimas de violencia de xénero e todos/as os/as fillos/as a cargo.

Terán a consideración de fillos ou fillas tamén as persoas en situación de adopción ou acollemento familiar.

Requisitos das familias beneficiarias:

  • Que a persoa solicitante forme parte dunha unidade familiar das indicadas.
  • Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prezo das prazas:

A Consellería de Política Social contribuirá ao financiamento do prezo da estadía coa achega de 50 euros por praza, polo que o importe que pagarán as persoas beneficiarias será:

  • 66 euros maiores de 12 anos
  • 36,50 euros menores de 12 anos.
  • 0 euros menores de 2 anos.

Prazo: ata o 15 de novembro de 2021.

Mais Información:

  • Servizos Sociais Comunitarios, Estrada Tanxil, 12 (telf: 981 86 00 61)
  • Sede Electrónica da Xunta:  https: // sede.xunta.gal

​​​​​​​