Servizos Sociais

- Museo vivente dos oficios invisibles - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Museo vivente dos oficios invisibles

En conmemoración do día internacional da muller, o vindeiro domingo 13 a continuación do acto institucional diante do Concello, ás 13:30h realizarase na rúa de Abaixo (diante do Museo Manuel Antonio) o Museo Vivente dos Oficios Invisibles por iniciativa veciñal.

A rúa de abaixo converterase nun pequeno Museo vivente onde se homenaxeará a todas as mulleres que durante anos, e tamén no presente, realizan a diario tarefas relacionadas co fogar sen que estas sexan consideradas oficios ao non estar directamente remuneradas. Con este Museo, preténdese non só ensalzar, visibilizar e revalorizar estes oficios invisibilizados, senón tamén informar aos visitantes do valor económico que estes implican, directamente, para as familias.