Servizos Sociais

O cal nace co obxectivo de visualizar as violencias machistas na contorna para fomentar a consciencia sobre estas e promover o apoio mutuo entre as persoas que son obxecto dela. - O Concello de Rianxo continúa co proxecto Pingas de Luz! - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

O Concello de Rianxo continúa co proxecto Pingas de Luz!

O cal nace co obxectivo de visualizar as violencias machistas na contorna para fomentar a consciencia sobre estas e promover o apoio mutuo entre as persoas que son obxecto dela.

Desta vez, en formato obradoiro, da man dun Proxecto para darlle presenza nas rúas ás historias de violencia recollidas no mapa dixital da vila. Trátase dun proxecto do Concello de Rianxo en colaboración coa asociación Avoar.

Convídase á veciñanza a acudir ao próximo obradoiro participativo no que se compartirán ideas sobre como levar a rúa este proxecto, deseñando unhas esculturas efémeras para as rúas da vila, así como tomar decisións e accións sobre como visualizar e sensibilizar sobre este tipo de violencias no espazo público que compartimos. Contarase coa presenza de Pedras de Papel. Artesanía e patrimonio para traballar nas ideas que xurdan a través da técnica de tapesculture.

O obradoiro terá lugar este sábado 11 de febreiro  ás 11:30h na Biblioteca Pública Municipal Castelao. Inscricións no correo avoar@inventati.org

O proxecto continuará ao longo de marzo, no que se instalarán as esculturas efémeras deseñadas, así como pequenas pezas cerámicas sinalando diferentes lugares onde aconteceron as agresións. Tamén se levarán a cabo obradoiros formativos en diferentes puntos do concello".

 

More Blog Entries