Servizos Sociais

A Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade do Concello de Rianxo presenta da man de Compañía Eléctrica a obra de teatro Miss Docet. - Obra de teatro: Miss Docet - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Obra de teatro: Miss Docet

A Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade do Concello de Rianxo presenta da man de Compañía Eléctrica a obra de teatro Miss Docet.

O novo proxecto teatral da Compañía Eléctrica ten como protagonista a Emilia Docet, a muller coñecida por ser a “Miss España galeguista”. A interpretación de Iria Pinheiro guía esta peza de teatro documental no que a biografía de Emilia se entretece coa doutras mulleres tamén silenciadas despois de 1936.

Como desfile de voces, ecos e silencios, (Miss Docet) recupera desde a escena a potencia dunha xeración de galegas que viu truncada a súa historia e contribúe á loita para evitar que os seus nomes e os seus pasos desaparezan da nosa memoria.