Servizos Sociais

Dende a Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade organizase un curso sobre independencia dixital dirixido a mulleres do Concello de Rianxo. - Obradoiro formativo: "Cara a Independencia Dixital" - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Obradoiro formativo: "Cara a Independencia Dixital"

Dende a Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade organizase un curso sobre independencia dixital dirixido a mulleres do Concello de Rianxo.

O curso realizarase do 13 ao 22 de xuño no Auditorio municipal en horario de 10:00 a 12:30h.

Os contidos que se desenvolverán son os seguintes:

1. Como me preparo para facer trámites de xeito dixital.

2. Que é un certificado dixital e outros sistemas de acceso á Sede Electrónica.

3. Trámites coa Seguridade Social e SEPE.

4. Trámites coa Xunta de Galicia (sede electrónica)

5. Trámites co Concello de Rianxo

6. Trámites coa Axencia Tributaria

7. Redes Sociais e Seguridade.

 

Requisitos:

 

  • As alumnas deben ter correo electrónico e certo grao de coñecemento do seu uso.
  • As alumnas deben ter teléfono intelixente, non se utilizarán ordenadores, senón os propios móbiles das alumnas.
  • Prazas limitadas por orde de inscrición.

 

Inscrición:

igualdade@concelloderianxo.gal

Tlfns: 981972731   604024012

Cartel