Servizos Sociais

- Oficina Municipal de Voluntariado - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Oficina Municipal de Voluntariado

 O Concello de Rianxo pon en marcha a  Oficina Municipal de Voluntariado  porque é conscente de que , no noso Concello, son moitos os voluntarios e voluntarias que día a día colaboran  en diferentes entidades dando á sociedade o mellor de si mesmas dun xeito desinteresado.

Inténtase promover e facilitar a participación solidaria dos cidadáns e cidadás en actuacións de voluntariado, no seno de organizacións sen ánimo de lucro tanto públicas como privadas.

 As persoas que desexen incorporarse como voluntarios ou voluntarias deberán solicitalo mediante escrito, cun modelo que se facilitará  na Oficina Municipal de Acción Voluntaria e na web municipal, debendo ser cumprimentado por estas para determinar o seu perfil, mediante as súas preferenzas, horarios, disposición…. e entregalo  xunto cunha copia do DNI na OMV, ou remitido a esta o escrito asinado e o DNI escaneado ao correo electrónico que se determina na solicitude.

Solicitude

Regulamento

Curso en liña ‘Curso básico sobre violencia de xénero para o voluntariado’

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado colabora coa Secretaría Xeral de Igualdade na posta en marcha do “Curso básico sobre violencia de xénero para o voluntariado”.
Esta acción formativa impartirase a través da Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego do 14 de novembro ao 14 de decembro.

O prazo de inscrición estará aberto dende o día do 22 de outubro ao 12 de novembro ás 14.30 horas.

Si xa eres alumno da plataforma de teleformación tes que solicitar o curso a través do apartado “Acceso alumnos”, si non é así tes que cubrir o formulario de inscrición.

Podedes estar puntualmente informados na páxina web voluntariadogalego.org ou no Facebook de Voluntariado Galego.
  • Novos cursos de formación  de voluntariado que se poden visualizar no seguinte enderezo:
  • voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=cur