Servizos Sociais

- Orghullo Rianxo 2022 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Orghullo Rianxo 2022

🏳️ORGHULLO RIANXO 2022🏳️

Actividades programadas pola Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Diversidade do Concello de Rianxo con motivo do 28 de Xuño, día do Orghullo

1. Exposición no Auditorio de Rianxo dos carteis participantes no I Concurso de Carteis Orghullo Rianxo. Está exposición estará ó publico dente o 20 de xuño ata o 1 de xullo.
2. O 28 de xuño coincidindo con día do Orghullo farase unha lectura do Manifesto e Extractos de Poemas, diante do Concello. Convidase o Publico en Xeral a participar na lectura de Poemas.
3. O 2 de Xullo colaborando ca Deputación da Coruña e a súa campaña Ser e Sentir, retransmitirase por redes sociais unha palestra retransmitida por streaming na que a sexóloga Martina González Veiga nos achegue a conceptos e termos relacionados coas diversidades sexo-afectivas así como a abordaxe do respecto e acompañamento ás diversidades dende o ámbito familiar e educativo.

Ese  mesmo día as 19:00 na Praza de Padrón, en colaboración ca Asociación Ondiñas Mainos realizarase unha xuntanza de “Tecendo con Orghullo”, no que se confeccionaran mini bandeiras cas cores do orghullo  e se levará a cabo un obradorio de marcapáxinas para a rapazada.

Durante a semana  do 27 de xuño o 1 de xullo a rapazada contará con diferentes contacontos:

- Luns 27: O avó que saíu dunha maleta (Taragoña, 19:30H)

- Martes 28: Elas pintan moito (Praza Castelao, 19:30H)

- Mércores 29: Contos vellos, novos finais (Asados, 19:30 H)

- Xoves 30: A vida é de corres! Unha educación alén do branco e negro (Centro Social Liceo, 12:30H)