Servizos Sociais

- Outono Termal - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Outono Termal

Trátase dun programa para a reactivación do turismo termal en Galicia posto en marcha pola Xunta e a asociación Balnearios de Galicia. O programa contempla a estadía de 10 días (9 noites) en establecementos hoteleiros con tratamentos terapéuticos baixo prescrición médica.

Datas:

  • Desenvolverase desde o 1 de outubro ata o 28 de novembro

 

Persoas destinatarias:

  • Dirixido a pensionistas galegos ou residentes en Galicia.

Balnearios participantes:

Os balnearios que participan na iniciativa por provincia son os seguintes:

A Coruña: O balneario de Carballo e Balneario de Compostela.

Lugo: Balneario de Lugo–Termas Romanas e Iberik Augas Santas Balneario & Golf.

Ourense: os de Arnoia, Laias e Gran Balneario do Carballiño (con aloxamento no Hotel Derby ou no Hotel Lorenzo).

Pontevedra: os balnearios Acuña (Caldas de Reis), Dávila, Caldelas de Tui, Mondariz e Termas de Cuntis.

Solicitudes:

Venda directa por cada balneario (consultar dispoñibilidade chamando ao balneario elixido)

Prezos:

470 €/persoa para hoteis de 3* e superior

440 €/persoa para hoteis de 2*

355 €/persoa para hoteis de 1*