Servizos Sociais

- PLAN MADRUGA, CURSO ESCOLAR 2022-2023. - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

PLAN MADRUGA, CURSO ESCOLAR 2022-2023.

CONVOCATORIA PARA O PLAN MADRUGA DO CONCELLO DE RIANXO, NO CURSO ESCOLAR 2022-2023.

Obxecto da convocatoria:

Ofrecer un servizo de conciliación ás familias, mediante a ampliación do horario lectivo do alumnado dos centros escolares C.E.I.P. ADR Castelao, C.E.P. Brea Segade, e C.E.I.P Ana María Dieguez.

O servizo é un espazo de recepción e atención dos nenos e nenas nas horas previas ao comezo da xornada escolar. Na que poderán levar o almorzo e na que realizarán actividades lúdicas ata o comezo da xornada escolar.

Este servizo será de balde para as familias ata o 22 de decembro, ao abeiro do Plan Corresponsables promovido polo Ministerio de Igualdade. A partir de xaneiro, se continua a demanda do servizo por parte das familias, o Concello de Rianxo manterá o servizo a través dun prezo público.

Persoas destinatarias:

Alumnado de infantil e primaria dos centros educativos C.E.I.P ADR Castelao, C.E.P. Brea Segade de Taragoña e C.E.I.P Ana María Dieguez de Asados.

Lugar e Horario:

O centro educativo no que estea matriculado/a.

O horario establecido é a partir das 07:00 horas. Cada neno/a entrará no horario que mellor lle conveña, acordado de forma previa dende a hora de comezo ata o inicio da súa xornada escolar. Este horario debe estar informado de forma previa.

Presentación de solicitudes:

A convocatoria para anotarse ó Plan Madruga dos Centros Educativos do Concello de Rianxo, publicarase na páxina web do Concello o 21 de novembro del 2022.

O prazo de inscrición será do 21 de novembro ó 23 de novembro as 13:00.

O mércores 23 de novembro avisarase as persoas admitidas.

O xoves 24 de novembro dará inicio o Plan Madruga.

Posteriormente se quedan prazas libres, poderase inscribir fóra de prazo ata completar aforo.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou na Sede Electrónica do Concello de Rianxo.

Documentación a presentar:

- Modelo de solicitude (dispoñible na páxina web do Concello de Rianxo. A solicitude deberá realizala o/a pai/nai/titor/a legal do/a alumno/a por tratarse de menores de idade.

- Aceptación de normas de funcionamento do Plan Madruga.

- Unha declaración responsable no que se detalle o horario de traballo e a incompatibilidade para deixar os/as nenos/as no horario escolar de ambos proxenitores. Posteriormente, entregarase un certificado de empresa no que se recolla o horario laboral.

-Xustificante de discapacidade, familia monoparental ou filla/o de muller vítima de violencia de xénero, no seu caso.

Criterios de selección:

Ofértase un total de 15 prazas en cada centro, que se cumprimentarán por rigoroso orde de inscrición.

Se a demanda supera esa cifra daráselle prioridade ás familias que acrediten:

- menores con ámbolos dous proxenitores desempeñando actividade laboral en horario escolar (2 puntos). No caso de familia monoparental o/a proxenitor/a que exerza a custodia.

- menores con algunha discapacidade (1 punto)

- menores que formen parten dunha familia monoparental (1 punto)

- menores que formen parten dunha familia con algunha muller vítima de violencia de xénero (1 punto)

- menores que soliciten xornada todo o mes. 1 punto

- menores que soliciten xornadas semanais. 0,5 puntos

Mais información nos teléfonos 981972731- 604024012 e no correo igualdade@concelloderianxo. gal


Bases da Convocatoria_Plan Madruga

Folla de Solicitude.

Aceptación das Normas.