Servizos Sociais

- Pre-inscrición no servizo Rianxo Madruga 2024 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Pre-inscrición no servizo Rianxo Madruga 2024

O Executivo de Julián Bustelo vén traballando na posta en funcionamento dun servizo de conciliación familiar para o curso 2024/2025.

Prevese que o dito servizo consista, fundamentalmente, na custodia, coidado e atención do alumnado antes do inicio de cada xornada lectiva nos seguintes centros escolares: CEIP ADR Castelao, CEP Ana María Diéguez e CEP Xosé María Brea Segade.

O servizo, cuxa xestión se sacará a licitación nas próximas semanas, prestarase todos os días lectivos do curso escolar 2024/2025 e terá un custo estimado para o alumado usuario de 35€/mes (aplicaranse bonificacións en caso de familias monoparentais ou con varios usuarios no servizo). Prevese que o alumado usuario do servizo poida acceder á instalación no que se preste en calquera momento da franxa comprendida entre a hora de inicio do servizo e a hora de inicio das clases.

Coa única finalidade de recoller datos sobre as persoas demandantes do servizo previa a súa posta en funcionamento, ponse a disposición delas un formulario de pre-inscrición que deberá remitirse á Concellería de Política Social antes do día 2 de agosto de 2024 a través do seguinte enderezo: ana.vidal@concelloderianxo.gal