Servizos Sociais

- Prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de 3 anos - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de 3 anos

A Consellería de Política Social vén de publicar a orde que establece as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2019.

PERSOAS BENEFICIARIAS

  • Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nados entre o 1-01-2016 e o 31-12-2017,   ambos os dous días incluídos, e que, durante o ano 2017, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a  presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.
  • Serán igualmente beneficiarias polas fillas ou fillos adoptados ou acollidos mediante resolución, xudicial ou administrativa, ditada entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2017.
  • Nos supostos que exista unha resolución xudicial que atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, a persoa beneficiaria será aquela que teña a custodia das fillas ou fillos, de acordo co establecido na dita resolución.

Enténdese por unidade familiar a formada polo pai e/ou a nai que teña/n a custodia da menor polo que se solicita a axuda, e os fillos e fillas da persoa solicitante.

REQUISITOS

  • Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia.
  • Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.
  • Que durante o ano 2017, nin as persoas solicitantes nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.

CONTÍA DA AXUDA

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:

  • Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 €.
  • Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 €
  • Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 €

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

PRAZO DE SOLICITUDE: ata o 28 de maio de 2019

MÁIS INFORMACIÓN

Formulario de solicitude e anexos para a presentación en formato papel