Servizos Sociais

- Prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de 3 anos - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de 3 anos

A Consellería de Política Social vén de publicar a orde que establece as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2017.


PERSOAS BENEFICIARIAS
  • Persoas que teñan ao seu cargo fillos/as menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2017 (nacidos entre o 02.01.2014 e o 01.01.2017, incluídos) e que, durante o ano 2015, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas.
  • No caso de fillos/as adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2015 e o 31 de decembro de 2016, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
  • Enténdese por unidade familiar para este tipo de axuda a formada polo pai e/ou nai que teña/n a custodia do ou da menor polo que se solicita a axuda e os fillos e fillas da persoa solicitante.


REQUISITOS

  • Que os proxenitores teñan a residencia habitual en Galicia
  • Que na data da solicitude os nenos ou nenas convivan coa persoa solicitante
  • Non ter presentada a declaración do IRPF correspondente ao exercicio 2015


TIPO DE AXUDA
Un pagamento único na seguinte contía:

  • Cando sexa o primeiro fillo/a: 360 €
  • Cando sexa o segundo fillo/a: 1.200 €
  • Cando sexa o terceiro ou sucesivos: 2.400 €


PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • Preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: http://sede.xunta.gal
  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo


PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 26 de maio de 2017


MÁIS INFORMACIÓN

 

Formulario de solicitude e anexos para a presentación en formato papel

 

Persoas beneficiarias
Persoas que teñen ao seu cargo fillos/as menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2014 (nacidos entre o 02.01.20111 e o 01.01.2014, inclusivos) e que, durante o ano 2012, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda ser estar obrigadas.
No caso de fillos/as adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2012 e 31 de decembro de 2013, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

Requisitos
Que os proxenitores teñan a residencia habitual en Galicia
Que na data da solicitude os menores convivan coa persoa solicitante
Non ter presentada a declaración do IRPF correspondente ao exercicio 2012

Tipo de axuda
Pago único de 360 € por cada un dos fillos/as

Información e tramitación
Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo (Ctra. de Tanxil, 12. 981 86 00 61)
http://traballoebenestar.xunta.es / www.familiasgalegas.org / 981 54 72 46
Tramitación por vía telemática: https://sede.xunta.es

Prazo: 26 de abril de 2014