Servizos Sociais

- "Quen dixo medo?", obradoiro de autodefensa - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

"Quen dixo medo?", obradoiro de autodefensa

 

A Deputación da Coruña ten en marcha a campaña de sensibilización contra a violencia de xénero QUEN DIXO MEDO?
Dentro desta campaña, enmárcase o Obradoiro de autodefensa, que terá lugar no Concello de Rianxo na seguinte data:

  • Día: sábado 22 de xullo de 2017
  • Horario: de 11:00 a 13:30 horas
  • Lugar: Centro sociocultural-auditorio (R/ Autores da Rianxeira)

A finalidade do obradoiro é xerar un espazo que permita ás mulleres identificar as agresións, analizando a súa orixe, proporcionándolle as habilidades e coñecementos dos mecanismos de defensa, tanto físicos como psíquicos, fronte a un posible agresor, de xeito que, a través das técnicas aprendidas, poidan saír ilesas dunha situación de violencia, dando unha resposta contundente e decidida.

DESTINATARIAS

Mulleres maiores de 16 anos, nun grupo de non máis de 15 persoas para favorecer unha atención individualizada.

LUGAR DE INSCRICIÓN

  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos (r/ Estrada de Tanxil, 12. 981 86 00 61 / servizossociais@concelloderianxo.gal)
  • Prioridade por orde de inscrición

METODOLOXÍA

O obradoiro empregará unha dinámica totalmente participativa, na que se articularán dúas grandes áreas de traballo: un bloque teórico, no cal se promoverán técnicas grupais, debates etc... para o tratamento dos temas presentados; e por outro, un bloque práctico, no que se traballarán aspectos físicos e psicolóxicos para que as mulleres tomen consciencia dos seus dereitos, da súa forza e da súa valía a través do traballo físico.

CONTIDO

- Parte teórica:

  • Que é a violencia de xénero?
  • Ciclo de violencia
  • Identificación das situacións de violencia
  • Análise dos tipos de violencia

- Parte práctica:

  • Formas de defensa e bloqueo
  • Técnicas de inmobilización
  • Hábitos de conduta e actuación