Servizos Sociais

- Respiro familiar para coidadores/as de persoas con dependencia ou discapacidade - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Respiro familiar para coidadores/as de persoas con dependencia ou discapacidade


TIPO DE AXUDA
Axudas económicas para contribuír ao pagamento de servizos de atención a persoas dependentes ou con
discapacidade, para facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas coidadoras.
PERSOAS BENEFICIARIAS
Persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada a persoas dependentes,
con discapacidade ou en situación de necesidade de axuda de terceiras persoas.
REQUISITOS DA PERSOA COIDADORA​​​​​​​

  • Que atenda a unha persoa que presente calquera das seguintes situacións:
  • Ter recoñecida unha situación de dependencia en grao II ou III.
  • Ter recoñecida unha discapacidade en grao igual ou superior ao 75 %, con necesidade de axuda de terceiras persoas.
  • Que a persoa á que se atende presente unha situación de necesidade acreditada de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria.
  • Que ben a persoa coidadora ou a persoa á que se atende resida en Galicia.

MODALIDADES E CONTÍA

  •  RESPIRO NO FOGAR: para financiar o pago de servizos de atención puntual e directa no propio fogar, por espazos de tempo definidos e non moi longos. Comprenderá coidados persoais e de acompañamento que necesita a persoa que se vai atender. A achega económica pode acadar o 100% do custo, cun máximo de 1.000 € por persoa beneficiaria/ano. O servizo poderá prestarse por unha entidade do Servizo de Axuda no Fogar autorizada e inscrita no RUEPSS ou por profesional con formación específica e contratado directamente pola persoa coidadora solicitante da subvención.
  • RESPIRO EN RESIDENCIA: para financiar estadías temporais en centros residenciais de Galicia. A achega poderá acadar o 100% do custo, cun máximo de 1.500 € por persoa beneficiaria/ano.
  • RESPIRO EN CENTRO DE DÍA: para financiar os gastos da atención puntual, integral e directa en centros de día da Comunidade Autónoma de Galicia. A axuda consistirá nunha achega que podeacadar ata o 100% do custo das actuacións subvencionables, cun máximo de 1.000 euros por persoa beneficiaria/ano. O servizo deberá ser prestado por unha entidade autorizada como centro de día, inscrita no RUEPSS e que conte coa autorización correspondente para a prestación deste servizo.

As persoas coidadoras solicitantes da subvención, aboarán o importe total dos servizos e o pago da
axuda farase efectiva unha vez que se presente a documentación xustificativa correspondente.
LUGAR DE PRESENTACIÓN: Preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta
de Galicia (http s ://sede.xunta.es )
PRAZO DE SOLICITUDE: ata o 30 de outubro de 2023
MÁIS INFORMACIÓN