Servizos Sociais

- Tarxeta Benvida - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Tarxeta Benvida

PERSOAS BENEFICIARIAS

  • Persoas que teñan fillos ou fillas nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022 (pode solicitarse a prestación xa desde o embarazo).
  • Persoas que teñan constituída a adopción ou a declaración en situación de garda con fins adoptivos dun ou máis nenos/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022.
  • Galegas e galegos e os seus descendentes que se encontren en calquera dos supostos anteriores e que tras residir fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2022.
  • Igualmente, aquelas familias que obtivesen a axuda de carácter xeral de 1.200€ nas convocatorias dos anos 2020 e 2021 e non accedesen á axuda no segundo ano de vida e ata o que o neno faga tres anos, ou ata que se cumpran tres anos do ditado da resolución nos supostos de adopción ou garda con fins adoptivos por superar os ingresos previstos para iso, poderán beneficiarse da axuda no caso de experimentar unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito a elas.

 

REQUISITOS

  • Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia.
  • Que a renda da unidade familiar da declaración do último período impositivo non supere os 45.000 €. No suposto de que os ingresos fosen superiores á dita contía, a renda per cápita non deberá superar os 13.500 €.
  • Que a renda da unidade familiar non supere os 22.000 €, para ter dereito á ampliación da axuda.
  • Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual nun concello cunha poboación inferior a 5.000 habitantes.
  • As persoas galegas emigrantes deberán ter retornado a Galicia en 2022 e estar en posesión da nacionalidade española antes do dito retorno.

Para ter dereito á axuda excepcional prevista no artigo 4.4, a unidade familiar debe estar en situación de especial vulnerabilidade tecnicamente valorada polo sistema público de servizos sociais de Galicia e ter un recurso do dito sistema público pendente de resolución.

TIPO DE AXUDA

  • Con carácter xeral, a contía total será de 1.200 € por cada fillo/a durante un ano a razón de 100 €/mes. NO suposto de que o fillo ou filla que dá dereito á axuda sexa o terceiro/a ou sucesivo/a da unidade familiar a contía da axuda será de 2.400€ a razón de 200€/mes.
  • Para aquelas familias con renda igual ou inferior a 22.000 €, a axuda ampliarase no segundo ano de vida e ata que o neno ou nena cumpra os tres anos, ou ata que se cumpran tres anos da resolución para os supostos de adopción ou de garda con fins adoptivos.
  • Excepcionalmente, a axuda poderá percibirse ata un ano máis sempre que a unidade familiar estea tecnicamente valorada de especial vulnerabilidade, teñan un recurso do sistema público de protección social pendente de resolución e así o soliciten dentro dos dous meses anteriores á data en que o neno ou nena faga os tres anos.

A axuda farase efectiva a través da Tarxeta Benvida, a cal só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia.

 

LUGAR DE PRESENTACIÓN

Preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es)

 

PRAZO DE SOLICITUDE

  • Dous meses desde o día seguinte a aquel en que se produza o nacemento ou se dita a resolución para os supostos de adopción ou garda.
  • No suposto de que a persoa sexa emigrante retornada a Galicia en 2022 e sempre que o fillo ou filla nacese con anterioridade ao seu regreso, o prazo será de tres meses, que se contarán a partir do día seguinte a aquel que conte na documentación que acredite a data de retorno a España.
  • Opcionalmente, poderá presentarse a solicitude durante o período de xestación. Ademais, aquelas solicitudes que se presenten e cuxo nacemento se produza entre o 1 de xaneiro e o 28 de febreiro de 2023 poderán ser tramitadas na seguinte convocatoria.
  • No suposto de ter obtido a axuda na convocatoria do 2020 ou 2021 e que a renda da unidade familiar variase á baixa e implicase ter dereito á ampliación, o prazo para comunicar esta circunstancia será de dous meses dende o 1 de xaneiro.

MÁIS INFORMACIÓN