Servizos Sociais

- Termalismo Social IMSERSO 2022 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Termalismo Social IMSERSO 2022

O programa desenvolverase durante o período comprendido entre o mes de febreiro e o mes de decembro de 2022. As quendas, que poderán ter unha duración de 12 días (once pernoctacións) ou de 10 días (nove pernoctacións) cada un, realizaranse en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido. Ademais inclúe tratamentos termais, actividades de lecer e tempo libre e a póliza colectiva de seguro turístico.

PERSOAS BENEFICIARIAS:

Poderán participar no Programa de Termalismo, as persoas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:

  • Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social española.
  • Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  • Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  • Ser pensionista asegurada ou beneficiaria do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.
  • As persoas de nacionalidade española, que residan no estranxeiro, sempre que perciban unha pensión do Sistema de Seguridade Social español e cumpran os requisitos xerais e de idade.
  • A persoa solicitante poderá ir acompañada do/a cónxuxe, parella de feito ou persoa coa que constitúa unha unión estable e de convivencia, para a que non se esixen os requisitos de pensión e idade ou dos fillos/as con discapacidade con grao igual ou superior ao 45%.

REQUISITOS XERAIS:

  • Non padecer alteracións de comportamento que poidan alterar a normal convivencia nos establecementos, ni padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  • Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
  • Precisar os tratamento termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
  • Acadar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitada.

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

Para participar no proceso de adxudicación de praza:

  • Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 31 de decembro de 2021.
  • Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 de maio de 2022.

Para a súa inclusión na Lista de Espera de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:

  • Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 14 de maio de 2022.
  • Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 30 de outubro de 2022.

LUGAR DE PRESENTACIÓN

  • Centro Social do Liceo (Rúa Rinlo, 23. Telf: 881987471)
  • Centros dependentes da Consellería de Política Social
  • Xefaturas Territoriais da Consellería e Política Social
  • A través dos rexistros electrónicos e oficinas relacionados no artigo 9 da Orde SSI/1688/2015, do 30 de xullo, pola que se regula o programa de termalismo do Imserso.
  • Por correo ordinario, en sobre franqueado sen certificar.

MAIS INFORMACIÓN

Teléfono do IMSERSO: 901 109 899 /900 406 080

Enderezo Web do IMSERSO:  https: //www.imserso.es