Servizos Sociais

- Termalismo Social IMSERSO - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Termalismo Social IMSERSO

O programa contempla o aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido, tratamentos termais, actividades de lecer e tempo libre e póliza colectiva de seguro turístico, en quendas de 12 ou de 10 días (once ou nove noites, respectivamente).

Persoas beneficiarias:

  • Pensionistas de Xubilación ou Incapacidade Permanente do sistema de Seguridad Social español.
  • Pensionistas de Viuvez do sistema de Seguridad Social español, con 55 anos ou máis.
  • Perceptoras de prestacións ou subsidios por desemprego ou pensionistas por outros conceptos do sistema da Seguridad Social, con 60 anos ou máis.
  • Persoas aseguradas ou beneficiarias do sistema da Seguridade Social español, con 65 anos ou máis.
  • Persoas de nacionalidade española e que residan no estranxeiro, que sexan pensionistas, aseguradas ou beneficiarias do sistema da Seguridade Social español e cumpran os requisitos xerais e de idade.

A persoa solicitante poderá ir acompañada do/a cónxuxe, parella de feito ou persoa coa que constitúa unha unión estable de convivencia, para a que non se esixen os requisitos de pensión e idade ou dos fillos/as con discapacidade con grao igual ou superior ó 45½.

Requisitos:

  • Non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nin enfermidade infecto-contaxiosa.
  • Valerse por si mesmo/a para as actividades da vida diaria.
  • Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para recibilos.
  • Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

Prazos de solicitude:

  • Para as quendas dos meses de febreiro e agosto (ambos inclusive): ata o 13 de xaneiro de 2017.
  • Para as quendas de setembro a decembro (ambos inclusive): ata o 12 de maio de 2017.

Pódese presentar fóra destes prazos para a súa incorporación a unha lista de agarda coa que se cubrirán as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias.

Se a temporada pasada a persoa solicitou praza e reunía os requisitos para participar no programa, o IMSERSO remitiralle por correo un modelo simplificado para a renovación da súa solicitude.

As solicitudes poderanse presentar nos Servizos Sociais Comunitarios Básicos ou de forma telemática na sede electrónica do IMSERSO.

Máis información:

  • Teléfono do IMSERSO: 900 406 080 / 901 109 899
  • No enderezo web do IMSERSO

 

Solicitude en formato papel.