Servizos Sociais

- Tícket eléctrico social - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Tícket eléctrico social

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de convocar subvencións para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social para o ano 2017


REQUISITOS

  • Que na unidade de convivencia haxa menores de idade ou persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%
  • Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia
  • Ser o/a pagador/a da correspondente factura de enerxía eléctrica
  • Que os ingresos totais da unidade de convivencia segundo o IRPF do exercicio 2015 (recadros 380 e 395) non superen o 1,5 IPREM (9.585,19 € anuais)

 

TIPO DE AXUDA
Consiste nunha cantidade fixa de 180 € anuais para as unidades de convivencia que cumpran os requisitos e de 300 € anuais para as que acrediten ser familia numerosa. Os gastos subvencionables serán as facturas de electricidade cuxo período de lectura estea comprendido entre o 1 de xullo de 2016 e o 30 de xuño de 2017.

Só poderá presentarse unha única solicitude por unidade de convivencia.


PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE

  • Presentación electrónica: https://ticketelectrico.xunta.gal ou http://sede.xunta.gal
  • Oficinas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Rúa Vicente Ferrer, 2, A Coruña)
  • Oficinas da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (Edificios Administrativos - San Caetano, s/n, Santiago de Compostela)
  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos

PRAZO DE SOLICITUDE: Do 17 de xaneiro ata o 15 de xullo de 2017

MÁIS INFORMACIÓN