Servizos Sociais

- Voluntariado ambiental para a prevención e defensa contra os incendios forestais - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Voluntariado ambiental para a prevención e defensa contra os incendios forestais

O obxectivo do programa de voluntariado é o de sensibilizar e infundir nas persoas participantes criterios e coñecementos básicos sobre a prevención, información e a vixilancia contra os incendios forestais, que as motiven e capaciten para valorar e conservar a nosa masa forestal.

Participantes
Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias que teñan cumpridos os 18 anos no momento da súa participación. Ó finalizar esta obterán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado de acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrito como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Desenvolvemento do programa

O programa desenvolverase en quendas de 5 días e está concibido como un campo de traballo, no que grupos de 8 persoas voluntarias recibirán unha charla de formación e posteriormente realizarán co apoio dun monitor as diferentes actividades de sensibilización e información sobre a necesidade de coidado e preservación da masa forestal:

  • Vixilancia ambiental.
  • Visitas ás poboacións próximas para facer unha campaña de sensibilización sobre a importancia da conservación da masa forestal.
  • Fixación de rutas de sendeirismo.
  • Control de especies invasoras.
  • Colaboración na restauración áreas incendiadas.
  • Localización e control de vertedoiros incontrolados.
  • Limpeza de ríos e caracterización dun tramo de río.
  • Limpeza e desbroce de cortalumes.
  • Actividades culturais vinculadas cos montes en colaboración cos concellos de referencia.

O programa inclúe aloxamento e pensión completa nun albergue, programa de actividades e monitores e seguro de accidentes e de responsabilidade civil. O desprazamento ata o albergue será por conta dos participantes.

Inscricións
Na páxina web de voluntariado galego

Lugares e datas:

  • Santiago de Compostela (Centro Don Bosco) do 9 ao 13 e do 23 ao 27 de xullo.
  • Allariz (Albergue Arnoia): do 2 ao 6 e do 9 ao 13 de xullo, do 13 ao 17 e do 20 ao 24 de agosto.
  • Celanova (Albergue Municipal de Celanova): do 16 ao 20, 23 ao 27 de xullo, do 30 de xullo ao 3 de agosto; do 6 ao 10 de agosto.
  • Cambados (Albergue Pazo Serantellos): do 2 ao 6 e do 16 ao 20 de xullo.
  • Riós (Centro de Interpretación da Castaña): do 2 ao 6, do 9 ao 13, do 16 ao 20, e do 23 ao 27 de xullo; do 30 de xullo ao 3 de agosto, do 6 ao 10, do 13 ao 17 e do 20 ao 24 de agosto.

Máis información