Servizos Sociais

- Xornada informativa sobre a Factura da Luz - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Os Servizos Sociais Comunitarios deste concello contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Política Social e Xuventude.

SERVIZOS SOCIAIS

Xornada informativa sobre a Factura da Luz

A Escola Galega de Consumo  ofrece o venres 16 de decembro as 11:00 da mañá no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo unha formación sobre a Factura de Luz.

Un dos principais gastos dentro da economía doméstica é o destinado ao pago da factura eléctrica. Consciente da importancia que a factura eléctrica ten para o conxunto das persoas consumidoras e usuarias, a Escola Galega do Consumo conta co programa Consumo Responde.

Esta xornada pretende facilitar os coñecementos básicos necesarios para comprender a factura eléctrica, para adoptar medidas de aforro no gasto eléctrico e para realizar unha reclamación nos distintos supostos que se poidan presentar en relación á contratación dos servizos prestados polas compañías eléctricas.

Contidos:

-Mercado regulado/mercado libre

-Comercializadoras de referencia

-Conceptos básicos: potencia eléctrica, ICP, CUPS, etc

-Tipos de tarifas

-Tipos de contadores

-Medidas de aforro

Duración estimada dá actividade 60 minutos.