Servizos Sociais - Concello de Rianxo
SERVIZOS SOCIAIS
INFORMACIÓN XERAL
981 86 00 61
881 16 89 34
servizossociais@concelloderianxo.gal
Concellería de Servizos Sociais
luns - venres: 08:00 - 15:00
SERVIZOS SOCIAIS
Servizos Sociais vai a facer unha recollida de xoguetes e libros para repartir este nadal entre as familias con máis dificultades.
O proxecto XENIA ofrece un espazo de acollida e encontro para os familiares que acompañan a persoas hospitalizadas en media/longa estancia no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) así como a persoas que reciben tratamentos ambulatorios que provocan efectos secundarios agresivos e carecen de rede familiar ou social de apoio nas primeiras horas. O dito...
A Concellalía de Servizos Sociais do Concello de Rianxo, abre o prazo de inscrición para participar nas actividades do Taller de Memoria que se están a realizar nas distintas parroquias do Concello. Este Taller vai dirixido a aquelas persoas maiores de 60 anos que residan no Concello de Rianxo. Prazo de inscrición: ata o 31 de outubro Lugar de inscrición: Centro de Servizos...
O Concello de Rianxo pon en marcha a Oficina Municipal de Voluntariado porque é conscente de que , no noso Concello, son moitos os voluntarios e voluntarias que día a día colaboran en diferentes entidades dando á sociedade o mellor de si mesmas dun xeito desinteresado. Inténtase promover e facilitar a participación solidaria dos cidadáns e cidadás en actuacións de...
Solicitantes: Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos: Ter como mínimo 65 anos cumpridos. Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de Pensións. Ser pensionista de viuvez do Sistema Público de Pensións, con 55 anos cumpridos. Outros pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados con 60 anos...
A Aula Ocupacional do Concello de Rianxo abre un prazo de inscrición a todas/os as/os veciñas/os de Rianxo. O Concello pretende, a través desta Aula Ocupacional, asegurar o máis posible á participación destas persoas e erradicar, deste xeito, a discriminación que sofre este colectivo,promovendo actividades e talleres. Dirixido a:...
A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Rianxo, en colaboración coa Asemblea Local de Cruz Vermella de Boiro, organiza un ciclo de charlas de saúde dentro do programa "Hábitos de Vida Saudables", dirixidas a toda a poboación. As temáticas e as datas serán as seguintes: “Coida a túa espalda” (venres, 28/09/2012) “Durme ben” (venres, 05/10/2012) ...
A Carta é un instrumento de xestión de calidade do Sistema para a autonomía e atención á dependencia que promove un proceso de análise e mellora dos servizos dunha organización e un instrumento de comunicación ao cidadán dos dereitos así como dos niveis estándar e compromiso de calidade ao que se axustará a prestación de ditos servizos. A Carta identifica os servizos, os dereitos dos...
Destinatarios: Alumnado de educación infantil para a adquisición de libros de texto. Alumnado de educación primaria e educación secundaria que quedan excluídos da convocatoria autonómica de becas, Orde do 30 de maio de 2012, para adquisición de material escolar. Documentos axuntos: Convocatoria Anexo 1. Solicitude Anexo 2. ...
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2012-2013. Está destinada ao seguinte alumnado: - Alumnos/as con necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade ou trastornos graves de conduta, incluído o afectado por TDAH, que cumpran os requisitos xerais e económicos. - ...
O Concello de Rianxo precisa persoas voluntarias, con idade comprendida entre 18 e 30 anos, interesadas en participar nalgún dos seguintes proxectos: Actividades de Envellecemento Activo Actividades relacionadas con colectivos en situación de risco Actividades relacionadas coa igualdade de xénero A actividade que se realice terá unha duración entre 15 e 60 días,...
O obxectivo do programa de voluntariado é o de sensibilizar e infundir nas persoas participantes criterios e coñecementos básicos sobre a prevención, información e a vixilancia contra os incendios forestais, que as motiven e capaciten para valorar e conservar a nosa masa forestal. Participantes Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias que teñan cumpridos os 18 anos no...
A Consellería de Traballo e Benestar convoca axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos, a través do Cheque infantil (DOG n.º 102, 30/05/2012) Persoas beneficiarias Poderanse beneficiar desta axuda as persoas que teñan ó seu cargo menores nacidos con posterioridade ó 31 de decembro de 2009 e se atopen nalgún dos...
A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar anuncia a publicación das listas provisionais de admitidos/as e de lista de agarda nas escolas do Consorcio para o curso 2012-2013, establecéndose un prazo de reclamacións de 10 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación. As listas definitivas publicaranse o vindeiro 11 de xuño. Listaxe da escola...