Museo do Mar de Rianxo
Casa Museo de Manuel Antonio
Praza Castelao 9, Rianxo
667185576
turismo@concelloderianxo.gal
Portal de información turística
Unha das grandes citas gastronómicas da ría de Arousa, a Festa da Xouba de Rianxo, tivo que ser cancelada debido ao peche das cotas para a pesca da sardiña anunciado recentemente polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
O Concello de Rianxo, xunto coas demais entidades colaboradoras, variará a idea inicial coa instalación dunha carpa gastronómica, para o goce da poboación rianxeira e co obxectivo engadido de manter a afluencia prevista á vila, garantindo unha repercusión positiva para a economía local.
A carpa estará instalada no mesmo lugar previsto inicialmente para a Festa da Xouba, o Paseo de Manuel Antonio, os días 21 e 22 de xullo. Neste novo evento gastronómico, poderanse degustar produtos da cociña galega e rianxeira, en especial os sabores do mar e da terra da ría de Arousa: empanada de millo de mexillóns ou de chopo, longueiróns, mexillóns variados, etc.
Rianxo, o mar feito tradición.