Museo do Mar de Rianxo
Casa Museo de Manuel Antonio
Praza Castelao 9, Rianxo
667185576
turismo@concelloderianxo.gal
Portal de información turística
Excursión á Illa de Ons o vindeiro martes, 7 de agosto.
A saída será dende o Porto de Rianxo ás 09:30 h, a bordo dun catamarán con visión submarina, e o regreso dende a illa será pola tarde. Durante a travesía e na illa, as persoas contarán co servizo de guía, así como degustación de mexillóns e bebidas na viaxe de volta.
A Illa de Ons, con máis de 4 Km2, é a máis extensa das que forman o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, e atópase na entrada da ría de Pontevedra. Entre os puntos de interese, cómpre destacar o faro, as aldeas da illa coa súa arquitectura tradicional mariñeira, a flora e a fauna, ou os areais.
Máis información sobre a viaxe e a navieira organizadora da viaxe no Museo do Mar de Rianxo.
Rianxo, o mar feito tradición.