Museo do Mar de Rianxo
Casa Museo de Manuel Antonio
Praza Castelao 9, Rianxo
667185576
turismo@concelloderianxo.gal
Portal de información turística
A Agrupación Hijos de Galicia de Sestao organiza a Festa do Mexillón de Rianxo en Sestao os días 6, 7 e 8 de xullo, coa colaboración dos concellos de Rianxo e Sestao e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, así como o cofinanciamento da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.
A programación dará comezo o venres 6 de mañá e prolongarase ata o domingo 8 pola noite, cunha ampla oferta de ocio e gastronomía para todo o público asistente. Nesta fin de semana, que dará a coñecer o mexillón de Rianxo e parte da nosa cultura e tradición en Euskadi, contarán coa presenza de membros dos consistorios rianxeiro e sestaoarra, así como coa agrupación Río de Anxo, entre outras.