Turismo

- Festas do Carme de Leiro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN TURÍSTICA

Turismo

Festas do Carme de Leiro

As Festas do Carme de Leiro terán lugar os días 11, 12, 13 e 14 de outubro.

O xoves 11 comeza a festa pola noite coa Charanga Santa Compaña a partir das 22 h co pasabares.

O venres 12 as bombas de palenque anunciarán a festa na parroquia e arredores, e o Orfeón Colexiata do Sar encargarase da sesión vermú. Pola tarde, nenas e nenos poderán gozar con Leirolandia a partir das 16:30, e a partir das 21:30 haberá unha gran churrascada. O grupo rianxeiro Río de Anxo actuará a partir das 22:30, mentres que Nuevo Plan ofrecerá dende as 24:00 versións de pop-rock nacional dos anos 80.

O sábado 13 contaremos coa Agrupación Folclórica Colexiata do Sar dende as 10:00, e a misa solemne na honra a Santa Bárbara será ás 13:00, seguida da sesión vermú a cargo de Panamá. Pola tarde haberá varios partidos entre a xente de Leiro, e ás 19:00 dará comezo o concerto a cargo da Banda Escola de Música de Rianxo con Silvia Ferre. Dende as 22:00, a verbena correrá a cargo das orquestras Panamá e Charleston Big Band.

O domingo 14 volverá a abrir a xornada a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar ás 10:00, e ás 12:30 dará comezo a misa cantada na honra da Virxe do Carme a cargo da coral Abraira de Asados; a Banda Escola de Música de Rianxo acompañará a procesión posterior e a sesión vermú estará amenizada pola orquestra Abanico. A verbena a partir das 22:00 contará con Abanico e Cinema.