Museo do Mar de Rianxo
Casa Museo de Manuel Antonio
Praza Castelao 9, Rianxo
667185576
turismo@concelloderianxo.gal
Portal de información turística
Un ano máis, o Concello de Rianxo participa no programa "Goza do Ulla", a través do cal un total de 19 concellos "bañados" polo río Ulla dan a coñecer o valioso patrimonio natural, cultural e artístico do territorio polo que discorre este curso fluvial. O principal obxectivo é a promoción turística do citado territorio, polo que cada concello ofrece rutas de sendeirismo de cara a difundir elementos paisaxísticos e arqueolóxicos.
Así, o Concello de Rianxo ofrece unha andaina o vindeiro sábado 2 de novembro de aproximadamente 12 km (4 horas aprox.), denominada As Trece Cruces; con saída na Escola de Quintáns, parroquia de Isorna.
Trátase dunha ruta circular que transcorre pola beira do río Ulla, até chegar a un Via Crucis marítimo-fluvial situado no Cabo de Trece Cruces, na ladeira do Monte Palleiro. Percorrerase a desembocadura do río Ulla pola marxe pertencente ao Concello de Rianxo, que permitirá ollar a outra marxe pertencente aos concellos de Catoira e Vilagarcía, incluíndo a Illa de Cortegada e a Ría de Arousa.
Ruta circular que transcorre pola beira do río Ulla, até chegar a un Via Crucis marítimo-fluvial situado no Cabo de Trece Cruces, na ladeira do Monte Palleiro.
Percorrerase a desembocadura do río Ulla pola marxe pertencente ao Concello de Rianxo, que permitirá ollar a outra marxe pertencente aos concellos de Catoira e Vilagarcía, incluíndo a Illa de Cortegada e a Ría de Arousa.
Escola de Quintáns. Parroquia de Isorna
2 NOVEMBRO 2019
667 185 576
OFICINA DE TURISMO
A ruta é circular, polo que aproximadamente entre as 14:00 e as 15:00 h se volverá ao lugar de saída.
O prazo para anotarse remata o mércores 30 de outubro ás 15:00horas. Para a inscrición pode chamar aos teléfonos: 981 866 663 ou 667 185 576 ou ben a través do correo electrónico: turismo@concelloderianxo.gal.