Museo do Mar de Rianxo
Casa Museo de Manuel Antonio
Praza Castelao 9, Rianxo
667185576
turismo@concelloderianxo.gal
Portal de información turística
O Concello de Rianxo organiza a ruta de sendeirismo "As Tres Cruces", dentro do programa Goza do Ulla 2017, o sábado 14 de outubro.
Trátase dun roteiro circular que transcorre pola beira do río Ulla, até chegar a un Vía Crucis marítimo-fluvial situado na Punta de Trececruces, na ladeira do Monte Palleiro. Percorrerase a desembocadura do río Ulla pola ribeira pertencente ao concello de Rianxo, que permitirá ollar a outra marxe pertencente aos concellos de Catoira e Vilagarcía, incluíndo a Illa de Cortegada e a Ría de Arousa. O roteiro continuará das Tres Cruces até as Cercas, seguindo polo lugar do Souto, até chegar ao punto de partida no lugar de Quintáns.
As inscricións pódense facer ata o venres 13 de outubro, ás 12:00 h, no teléfono 667 185 576 e no correo-e turismo@concelloderianxo.gal