Turismo

- Horario de información turística no Día de Galiza - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN TURÍSTICA

Turismo

Horario de información turística no Día de Galiza

O servizo de información turística do Concello de Rianxo permanecerá aberto o mércores 25 de xullo, día de Galiza.

O horario de apertura será de 10 a 15 h no Museo do Mar de Rianxo, situado na Casa do Coxo (na entrada á Praza de Castelao, diante da Capela da Guadalupe). Ademais de información turística, as persoas que o desexen poderán visitar o propio Museo do Mar, así como solicitar ao persoal a apertura da Casa Museo de Manuel Antonio, en función da dispoñibilidade e afluencia que haxa.