Museo do Mar de Rianxo
Casa Museo de Manuel Antonio
Praza Castelao 9, Rianxo
667185576
turismo@concelloderianxo.gal
Portal de información turística
O servizo de información turística do Concello de Rianxo permanecerá aberto o domingo 15 e o luns 16, día do Carme en Rianxo e festivo local.
O horario de apertura será de 10 a 15 h no Museo do Mar de Rianxo, situado na Casa do Coxo (na entrada á Praza de Castelao, diante da Capela da Guadalupe). Ademais de información turística, as persoas que o desexen poderán visitar o propio Museo do Mar, así como solicitar ao persoal a apertura da Casa Museo de Manuel Antonio, en función da dispoñibilidade e afluencia que haxa.