Turismo

O Servizo de Información Turística de Rianxo para o mes de agosto de 2021 prestarase no Museo de Manuel Antonio e no Cuartel Vello. - Horarios de Información Turística - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN TURÍSTICA

Turismo

Horarios de Información Turística

O Servizo de Información Turística de Rianxo para o mes de agosto de 2021 prestarase no Museo de Manuel Antonio e no Cuartel Vello.

O Servizo de Información Turística do Concello de Rianxo permanecerá aberto a partir do 5 de agosto no seguinte horario, repartido entre diferentes puntos de interese rianxeiros.

O punto de información turística da praza de Castelao (Cuartel Vello) dará servizo durante as mañás en días laborables, mentres que a Casa Museo de Manuel Antonio (rúa de Abaixo) abrirá as súas portas de mércores a venres en horario de tarde e as fins de semana en horario de mañá.

Lembren que continúa sendo obrigatorio en todos estes espazos o uso de máscara para evitar posibles contaxios.