Museo do Mar de Rianxo
Casa Museo de Manuel Antonio
Praza Castelao 9, Rianxo
667185576
turismo@concelloderianxo.gal
Portal de información turística
No ano 2017 realizáronse varias intervencións nas praias de Tanxil e Quenxo, situadas na parroquia de Santa Comba de Rianxo. As obras levadas a cabo tiñan como principal obxectivo mellorar a accesibilidade nas zonas de actuación, tanto para as devanditas praias coma para o servizo de aseos públicos.
Intervención na praia de Tanxil:
• Substitución dos aseos antigos por outros novos adaptados para persoas con diversidade funcional. Instalación dun novo módulo prefabricado de madeira que conta con dous aseos adaptados, coas dimensións e os elementos necesarios para facilitar o seu uso por parte de todas as persoas que o precisen. • Instalación dunha plataforma de madeira que posibilita unha accesibilidade axeitada ao módulo de aseos. • Instalación de dúas ramplas de madeira, unha a carón de cada unha das escaleiras de baixada á praia xa existentes, que permiten salvar o desnivel que hai entre o paseo marítimo e o areal, eliminando as barreiras arquitectónicas actuais. • Instalación de dúas pasarelas de madeira que melloran a accesibilidade da praia, tanto dende as escaleiras como dende as ramplas instaladas. • Creación dunha plataforma de madeira nun punto do paseo marítimo no que o derrubamento do terraplén perimetral fixo diminuír o ancho efectivo deste. A nova plataforma tamén está deseñada como zona de descanso, xa que se incluíron bancos e unha rampla para facilitar a accesibilidade a/dende o areal. • Instalación dunha rampla de madeira que salva o desnivel existente entre o paseo marítimo e o antigo dique de abrigo, e que permite a comunicación mediante un itinerario accesible coa praia de Quenxo.
Intervención na praia de Quenxo:
• Instalación dunha rampla de madeira que cubre o desnivel dende o dique ata o areal de Quenxo. • Colocación dunha pasarela que comunica a nova rampla de acceso á praia co tramo de paseo marítimo existente. Esta pasarela tamén permite o acceso para a contemplación da escultura da Virxe de Guadalupe de Bert Gerresheim que o Concello de Rianxo instalou neste lugar.