Museo do Mar de Rianxo
Casa Museo de Manuel Antonio
Praza Castelao 9, Rianxo
667185576
turismo@concelloderianxo.gal
Portal de información turística
O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Turismo, Medio ambiente, Comercio e Desenvolvemento local, e enmarcado na aposta de amañar e coidar as sendas e o patrimonio, neste caso natural, vén de acondicionar o miradoiro do Castro Barbudo.
Entre outras actuacións, levouse a cabo a roza das pistas de acceso e dotouse de sinalización con paneis informativos que permiten ao visitante situarse e describir graficamente a contorna que o rodea.
Asemade, instaláronse uns bancos que permiten tanto o descanso como o gozo da luxosa vista que se aprecia dende o miradoiro, e que poderían entrar na clasificación dos "mellores bancos galegos".
Todo isto grazas a unha axuda da Mancomunidade de municipios Arousa-Norte e as tarefas da brigada municipal de obras.
Deixámosvos unhas imaxes de cara a convidarvos a gozar do mesmo e recordarvos que o respecto polo medio natural e do patrimonio é cousa de tod@s.