Turismo

A Casa Museo de Manuel Antonio recibe o mes de outubro cun obradoiro de marcapáxinas. - Obradoiro de marcapáxinas no Museo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN TURÍSTICA

Turismo

Obradoiro de marcapáxinas no Museo

A Casa Museo de Manuel Antonio recibe o mes de outubro cun obradoiro de marcapáxinas.

A Casa Museo de Manuel Antonio organiza un obradoiro de marcapáxinas, en colaboración coa Aula Activa do Mar, para a mañá do sábado 1 de outubro na planta baixa do museo situado na rúa de Abaixo. A actividade está destinada a nenas e nenos de 5 a 12 anos, cunha duración aproximada de 45 minutos, á que se poderá acceder ao longo da mañá, entre as 10:30 e as 13:00 horas. É recomendable reservar praza .

Para máis información e reserva de praza pódese contactar por teléfono no 698148569 ou por correo-e aos seguintes enderezos: museodemanuelantonio@concelloderianxo.gal ou aulaactivadomar@concelloderianxo.gal ​​​​​​​.