Museo do Mar de Rianxo
Casa Museo de Manuel Antonio
Praza Castelao 9, Rianxo
667185576
turismo@concelloderianxo.gal
Portal de información turística
A Área de Turismo do Concello de Rianxo organiza un programa de roteiros guiados con prazas limitadas para dar a coñecer diferentes lugares de interese rianxeiros durante o mes de agosto. O lugar e hora de inicio de cada ruta serán os indicados a continuación:
Vila de Rianxo 19 de agosto - 11:00 - Praza de Rafael Dieste (Coordenadas: 42.650543, -8.818816)
Hórreo do Araño 20 de agosto - 11:00 - Aparcadoiro fronte ao hórreo do Araño (Coordenadas: 42.694419, -8.800977)
O Rianxo literario 26 de agosto - 11:00 - Diante da Casa de Castelao (rúa de Abaixo) (Coordenadas: 42.651015, -8.819127)
O Rianxo mariñeiro 27 de agosto - 11:00 - Peirao de Setefogas (Coordenadas: 42.653885, -8.818564)
- INSCRICIÓN (OBRIGATORIA): Nos puntos de información turística de Rianxo ou no teléfono 604 023 753 (de luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 19, fin de semana de 10:30 a 14:30). - Prazo límite de inscrición: ata 2 días antes de cada ruta. - Nº mínimo de persoas para a realización das rutas: 5. - Nº máximo total de persoas en cada ruta: 10. - Duración das rutas: de 1h 30min a 2h.
Medidas Anti-COVID:
- Obrigatorio o uso de máscara de prevención durante toda a actividade. - Distancia de seguridade entre participantes non convivintes durante toda a actividade. - Non poderán participar as persoas con sintomatoloxía compatible coa COVID-19. - Prohibido fumar, comer ou beber durante a actividade (agás auga de xeito puntual).
A inscrición implica a aceptación das medidas anti-Covid indicadas e das vixentes no Concello de Rianxo no momento de realizar cada ruta.