Museo do Mar de Rianxo
Casa Museo de Manuel Antonio
Praza Castelao 9, Rianxo
667185576
turismo@concelloderianxo.gal
Portal de información turística
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, en colaboración coa Fundación Paideia oferta 10 prazas para a realización de prácticas laborais en Alemaña durante unha estancia de 4 semanas a partir do mes de outubro de 2014.
Esta actividade enmárcase dentro do programa de carácter transnacional La IDA do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais alemán, que a Fundación Paideia desenvolve en colaboración co IBI (Institut für Bildung in der Informationsgesellschaft e. V.) e cofinanciada pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Datos xerais:
Saída prevista: outubro 2014
Duración da estancia: 4 semanas
Localización: Wernigerode (Alemaña)
Prazas: 10
Sectores de prácticas priorizados: metal, xardinería, impresión gráfica, comercio e gastronomía. Destinatarias/os:
Mozos e mozas galegas con idades entre os 18 e 30 anos de idade no momento de finalización do prazo de presentación de solicitudes, que cumpran os seguintes requisitos:
En situación de desemprego laboral superior a seis meses
Sen titulación académica ou con titulación equivalente ou inferior ao ciclo medio de formación profesional Cobertura:
Curso de preparación lingüística e intercultural
Manutención e aloxamento en cuarto de uso múltiple.
Viaxe de ida e volta.
Seguro de responsabilidade civil de cobertura mínima
Transporte local no lugar de realización das prácticas.
Mediador transnacional e titor de contacto hispanofalante durante toda a estadía.
Formación:
Antes da saída: sesións formativas e informativas de asistencia obrigatoria.
Durante a estancia en Alemaña: prácticas laborais non remuneradas en empresas, curso de iniciación ao alemán e actividades culturais/deportivas
Á chegada: avaliación e elaboración do informe final obrigatorios
Solicitudes:
As solicitudes deben presentarse a través do formulario electrónico dispoñible ao final desta convocatoria. O prazo de inscrición está aberto ata o 30 de xuño de 2014 ás 23:59 horas.
Selección:
Todas as persoas solicitantes serán convocadas a participar no proceso selectivo mediante un correo electrónico indicando día, hora e lugar.
Máis información: no correo electrónico mobilidadexuvenil@xunta.es e nos números de teléfono: 881 999 567/ 981 544 645, en horario de 08:00 a 15:00 horas de luns a venres.
FORMULARIO DE SOLICITUDE