Turismo

- Roteiro arqueolóxico "Goza do Ulla" - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN TURÍSTICA

Turismo

Roteiro arqueolóxico "Goza do Ulla"

O Concello de Rianxo leva xa dous anos particiapando no programa "Goza do Ulla", a  través do cal 19 concellos polos que trancorre o río Ulla propoñen un roteiro ou andaina.

E por elo, que o vindeiro 26 deste mes terá lugar a andaina "Mámoa dos Campiños". Trátase dun roteiro arqueolóxico con saída do lugar de Rianxiño (preto ó instituto Félix Muriel), visitando os gravados "Foxa Vella" (424015N,084629O) e a necrópole de "Os Campiños" (424022,5 n, 084557,2 O), rematando oa visita ao gravado dos "Mouchos" (423830,7 N, 084734 O) no lugar de Brión. Ao longo do roteiro poderase disfrutar das vistas á ría de Arousa, enseada de Rianxo e desembocadura do río Ulla.

É  preciso facer inscrición, no caso de xordir inclemencias metereolóxicas que impidan desenvolver o roteiro suspenderase con previo aviso.