Museo do Mar de Rianxo
Casa Museo de Manuel Antonio
Praza Castelao 9, Rianxo
667185576
turismo@concelloderianxo.gal
Portal de información turística
Dende o departamento de turismo do Concello de Rianxo queremos facer unha homenaxe se cadra un pouco diferente á Virxe da Guadalupe nesta gran ocasión, acompañando a todo aquel interesado na historia da mesma nun roteiro guiado.
Nel falaremos de cómo foi a chegada da Virxe á capela de San Xosé da Floresta en Rianxiño e cómo finalmente se trasladou á capela actual na praza de Castelao.
Será un recorrido ameno polo pobo, no que faremos lembranza da historia poñendo en marcha un percorrido polo patrimonio cultural rianxeiro.
O roteiro terá lugar o martes 12 de setembro ás 10:30 h.
Agardámosvos!
Inscripcións no seguinte enlace:
https://forms.gle/LPyv8hH8kj5dt6es9
Calqueira dúbida: turismo@avivae ou chamando ao 622322953