Museo do Mar de Rianxo
Casa Museo de Manuel Antonio
Praza Castelao 9, Rianxo
667185576
turismo@concelloderianxo.gal
Portal de información turística
A Área de Turismo do Concello de Rianxo organiza un roteiro guiado con prazas limitadas para dar a coñecer algúns dos puntos de interese rianxeiros máis destacados. O lugar e hora de inicio da ruta será o indicado a continuación.
HORARIO E LUGAR DE INICIO: Sábado 9 de outubro – 11:00 – Praza de Rafael Dieste (Coordenadas: 42.650543, -8.818816).
- INSCRICIÓN (obrigatoria): Nos puntos de Información turística de Rianxo ou no teléfono 604023753.
- Prazo límite de inscrición: ata 2 días antes da ruta.
- N.º mínimo de persoas para a realización da ruta: 5.
- N.º máximo total de persoas: 20.
- Duración da ruta: 1h 30min.
MEDIDAS Anti-COVID:
Obrigatorio o uso de máscara de prevención durante toda a actividade. Distancia de seguridade entre participantes non convivintes durante toda a actividade. Non poderán participar as persoas con sintomatoloxía compatible coa Covid-19. Prohibido fumar, comer ou beber durante a actividade (agás auga de xeito puntual). A inscrición implica a aceptación das medidas anti-Covid indicadas e das medidas vixentes no Concello de Rianxo no momento de realizar a ruta.
A inscrición implica a cesión de dereitos de imaxe para a realización de fotografías durante o roteiro e a posterior publicación como parte da promoción turística.