Turismo

- Roteiros turísticos: Roteiro das Trece Cruces - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN TURÍSTICA

Turismo

Roteiros turísticos: Roteiro das Trece Cruces

A Área de Turismo do Concello de Rianxo organiza unha serie de andainas dentro do programa Roteiros turísticos, que se van levar a cabo nesta tempada 2018.

O segundo destes roteiros terá lugar o xoves, 9 de agosto: o Roteiro das Trece Cruces. Para participar, cómpre anotarse nos puntos de información turística.

Partiremos de Quintáns (Isorna - Rianxo), de diante da escola unitaria de Quintáns. Aproveitade a ocasión para coñecer connosco esta zona da desembocadura do río Ulla, onde se forma a ría de Arousa, con vistas aos concellos pontevedreses de Catoira e Vilagarcía ou á illa de Cortegada, do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Os sendeiros e as corredoiras guiarannos ata a punta das Trece Cruces, acompañados por vexetación tanto autóctona coma foránea.

  • Data: xoves, 9 de agosto.
  • Hora de saída: 18:30 h.
  • Punto de encontro: escola unitaria de Quintáns (Isorna), (42.667814, -8.741037).
  • Duración: 2 horas aprox.
  • Distancia: 6 Km aprox.
  • Dificultade: fácil.

Rianxo, o mar feito tradición.