Turismo

- Roteiros turísticos: Abuín, a aldea esquecida - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN TURÍSTICA

Turismo

Roteiros turísticos: Abuín, a aldea esquecida

A Área de Turismo do Concello de Rianxo organiza unha serie de andainas dentro do programa Roteiros turísticos, que se van levar a cabo nesta tempada 2018.

A terceira destas rutas guiadas terá lugar o xoves, 16 de agosto: Abuín, a aldea esquecida. Para participar, cómpre anotarse nos puntos de información turística.

Partiremos de Brión (Leiro - Rianxo), de diante da escola unitaria de Brión e Abuín. Achegarémonos, nesta ocasión, a diversos puntos de interese desta zona da parroquia de Leiro, para contemplarmos os petróglifos dos Mouchos, a praia das Cunchas, e deixarémonos levar polos camiños e vereas ata chegar á lendaria "aldea maldita" de Abuín. 

  • Data: xoves, 16 de agosto.
  • Hora de saída: 18:30 h.
  • Punto de encontro: escola unitaria de Brión (Leiro), (42.646677, -8.791681).
  • Duración: 2 horas aprox.
  • Distancia: 7 km aprox.
  • Dificultade: fácil.

Rianxo, o mar feito tradición.