Museo do Mar de Rianxo
Casa Museo de Manuel Antonio
Praza Castelao 9, Rianxo
667185576
turismo@concelloderianxo.gal
Portal de información turística
A Área de Turismo do Concello de Rianxo organiza unha serie de andainas dentro do programa Roteiros turísticos, que se van levar a cabo nesta tempada 2018.
Continuamos coa cuarta destas rutas guiadas, que terá lugar o xoves, 23 de agosto: Asados; camiñando polo interior. Para participar, cómpre anotarse nos puntos de información turística.
Partiremos da capela da Santa Lucía (Asados - Rianxo). Percorreremos a veiga do río Té pola parroquia e continuaremos para pasar a carón do pazo de Asadelos, a igrexa de Santa María de Asados ou o lugar onde viviu o poeta do mar, Manuel Antonio, entre outros lugares destas frutíferas terras.
Rianxo, o mar feito tradición.