Museo do Mar de Rianxo
Casa Museo de Manuel Antonio
Praza Castelao 9, Rianxo
667185576
turismo@concelloderianxo.gal
Portal de información turística
A Área de Turismo do Concello de Rianxo organiza unha serie de andainas dentro do programa Roteiros turísticos, que se van levar a cabo nesta tempada de verán 2018.
Chegamos xa á quinta ruta guiada, que terá lugar o xoves 30 de agosto: Fariña de millo. Para participar, cómpre anotarse nos puntos de información turística.
Partiremos do aparcadoiro da igrexa de Santa Baia do Araño (Araño - Rianxo), a carón do pazo do Araño (casa reitoral) e do lugar onde se ubicaba o castro do Araño. Percorreremos os camiños pola zona máis baixa dos montes do Araño e continuaremos por un pequeno tramo do río Té ata o Pozo Bastón. Voltaremos de seguido atravesando diversas aldeas da parroquia e pasaremos pola fonte do Araño e o Pazo dos Calote, entre outros lugares de interese.
Rianxo, o mar feito tradición.