Museo do Mar de Rianxo
Casa Museo de Manuel Antonio
Praza Castelao 9, Rianxo
667185576
turismo@concelloderianxo.gal
Portal de información turística
O Concello de Rianxo organiza a Travesía mariñeira do Feirón o xoves 15 de setembro, que clausura o programa de travesías en veleiro do verán de 2022.
Esta travesía marítima sairá dende o Club Náutico de Rianxo e terá unha duración aproximada de unha hora e media, coincidindo co Feirón Mariñeiro do xoves das Festas da Guadalupe.
A embarcación escollida é a Goleta Evangelina, con 110 anos de historia navegando pola costa galega. Ten capacidade para 12 prazas e alcanza os 18,70m de eslora, 5 de manga e 1,65 de puntal, con 2 grandes mastros sostendo as velas. O seu porto base é en Rianxo, e pódese contemplar a diario esta obra de arte, construída nunha carpintaría de ribeira e restaurada de xeito tradicional nos Estaleiros Catoira de Rianxo.
Travesía mariñeira
A actividade terá lugar en horario de mañá a partir das 09:30, con encontro no Club Náutico de Rianxo (caseta de vixilancia) para saír ás 10:00 e visitar tradicións e oficios mariñeiros da nosa ría, como é a cría do mexillón nas bateas entre outras actividades.
Data e horario de saída:
15 de setembro (09:30)
Inscricións:
É necesario inscribirse e recoller os billetes nos puntos de información turística de Rianxo, indicando os nomes de cada persoa e un teléfono de contacto.
Os billetes reserva entregaranse para o acceso á embarcación.
Prezo
Adultos (a partir de 12 anos): 15€
Nenas/-os (de 0 a 11 anos incluídos): 10€
O pagamento realizarase ao patrón, previo acceso á embarcación.
Punto de encontro:
Club Náutico de Rianxo, na caseta de vixilancia situada na marxe dereita de acceso.
Cómpre chegar media hora antes da saída da embarcación: ás 09:30.
Teléfonos de información:
Turismo de Rianxo: 604 023 753
Tripulación da embarcación: 644 525 976