Turismo

- VI Congreso Galego de Comunidades de Montes - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN TURÍSTICA

Turismo

VI Congreso Galego de Comunidades de Montes

A Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común organiza os días 26 e 27 de maio o VI Congreso Galego de Comunidades de Montes, coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña.

Os actos previstos terán lugar no Auditorio Municipal do Concello de Rianxo, coa recepción de congresistas e convidados a partir das 09:30 h. No acto de apertura (10 h) falarán Xosé Alfredo Pereira Martínez, presidente da ORGACCMM; Adolfo Muíños, alcalde do Concello de Rianxo; Valentín Formoso, presidente da Deputación da Coruña; e Violeta de Santiago Moure, coordinadora da Comisión Organizadora.

Nos actos de clausura da xornada do domingo terán a palabra Iago Pereira Moreda, presidente do VI Congreso, e o historiador Xesús Balboa.