Turismo

- Viladormar presenta: "Máis alá dos muros" - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN TURÍSTICA

Turismo

Viladormar presenta: "Máis alá dos muros"

Viladormar é unha plataforma de arte pública que ven realizando intervencións murais co festival “máis alá dos muros” desde 2018. Deu comezo cun proxeto piloto presentado polas artistas locais Novenoel e Lara Torres, e impulsado por un equipo de traballo pertencente a Ondiñas Mainas, unha asociación cultural que acolle gran diversidade de actividades interxeracionais e que actúa como catalizadora para contribuír a manter a cultura libre e viva en Rianxo.

Grazas á colaboración do concello de Rianxo e con motivo da celebración de “máis alá dos muros” neste 2023, realizaránse un par de roteiros por Rianxo. O primeiro deles terá lugar o mércores 6 de setembro ás 11:00h, e o segundo o xoves 7 de setembro ás 19:30h. Estes guiados amosaránnos unha selección de varias obras artísticas que se fixeron en Viladomar dende 2018 para coñecer máis de preto as historias que hai detrás dos murais, das artistas que as levaron a cabo e como estas se relacionan e contan anacos da propia historia do pobo.

Inscricións no seguinte enlace:

https://docs.google.com/forms/d/1oh17RveWiQrO0JYeu4n6RL5serldERX-qLwzkfutaXU/edit

Calqueira dúbida: turismo@avivae ou chamando ao 622322953.