Turismo

Turismo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN TURÍSTICA

Turismo

Excursión á Illa de Ons o vindeiro martes, 7 de agosto. A saída será dende o Porto de Rianxo ás 09:30 h, a bordo dun catamarán con visión submarina, e o regreso dende a illa será pola tarde. Durante a travesía e na illa, as persoas contarán co servizo de guía, así como degustación de mexillóns e bebidas na viaxe de volta. A Illa de Ons, con máis de 4 Km2, é a máis extensa das que forman o...

A Asociación Rianxeira de Empresarios, en colaboración co Concello de Rianxo, organiza a XXVI Festa da Xouba de Rianxo. A raíña das augas de Rianxo terá a súa festa grande a fin de semana do 21 e 22 de xullo, con múltiples actividades ao longo das dúas xornadas. O sábado comezará a degustación da xouba a partir das 12:00 no Paseo de Manuel Antonio (nas inmediacións do busto de Castelao),...

A Agrupación Hijos de Galicia de Sestao organiza a Festa do Mexillón de Rianxo en Sestao os días 6, 7 e 8 de xullo, coa colaboración dos concellos de Rianxo e Sestao e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, así como o cofinanciamento da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. A programación dará comezo o venres 6 de mañá e prolongarase ata o domingo 8 pola...

O servizo de información turística abrirá ao público este sábado, 26 de maio, no Museo do Mar de Rianxo en horario de mañá e de tarde. Neste lugar, ademais de consultar a información sobre Rianxo e visitar o propio museo, tamén se pode solicitar a visita á Casa Museo de Manuel Antonio.  

A Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común organiza os días 26 e 27 de maio o VI Congreso Galego de Comunidades de Montes, coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña. Os actos previstos terán lugar no Auditorio Municipal do Concello de Rianxo, coa recepción de congresistas e convidados a partir das 09:30 h. No acto de apertura (10 h) falarán Xosé...

O servizo de información turística do Concello de Rianxo abrirá esta semana das Letras Galegas nos seguintes horarios e museos. Para visitar os museos que estean pechados, poden solicitalo nos puntos que estean abertos.

O servizo de información turística estará dispoñible no Museo do Mar de Rianxo, do 28 de abril ao 1 de maio de 2018, no horario que se indica máis abaixo. Poden solicitar a apertura da Casa Museo de Manuel Antonio ao persoal do Museo do Mar.

O 1 de maio, dentro dos actos organizados polo día da xente do mar, terá lugar un concerto de Río de Anxo (música tradicional galega) na Praza de Rafael Dieste ás 19:30. En caso de choiva, a actuación trasladarase ao Auditorio de Rianxo.

O vindeiro martes, primeiro de maio, terán lugar os actos do día da xente do mar. Coma cada ano, renderáselle homenaxe ás persoas falecidas no mar cunha ofrenda floral perante a escultura do Parque de Galicia ás 11 h. A continuación, ás 11:30 celebrarase unha misa na Capela de San Bartolomeu, acompañada da actuación de Río de Anxo, e seguida dunha ofrenda marítima nas Lobeiras. Para completar...

No ano 2017 realizáronse varias intervencións nas praias de Tanxil e Quenxo, situadas na parroquia de Santa Comba de Rianxo. As obras levadas a cabo tiñan como principal obxectivo mellorar a accesibilidade nas zonas de actuación, tanto para as devanditas praias coma para o servizo de aseos públicos. Intervención na praia de Tanxil: • Substitución dos aseos antigos por outros novos adaptados...

De cara ás vacacións de Semana Santa,  a CONCELLARÍA DE TURISMO xunto coa brigada de obras municipal desenvolveron unha serie de actuacións para que, tanto visitantes como a veciñanza rianxeira, poidan desfrutar deste período vacacional. As citadas actuacións permitirán tanto a práctica deportiva e o desenvolvemento de actividades de lecer dirixidas a todas as franxas de idade, coma o...

  Lugar: Museo do Mar de Rianxo. Horario: sábados de 11:30 a 14:00 h, e de 17:30 a 20:30 h.

Estás cursando 4º, 5º ou 6º de primaria? Ou quizais 1º ou 2º da ESO? Queres participar en obradoiros medioambientais e formar parte do RONSEL VERDE? Pide máis información ou anótate directamente na Aula Activa do Mar ou no Museo de Mar até o 26 de xaneiro, ou ben chama ao teléfono 667185579 ANÍMATE E PARTICIPA!        

Descubre as paisaxes do Concello de Rianxo a pé, con numerosos puntos de interese para descubrir. Presentamos diversos roteiros de sendeirismo para coñecer a variedade de Rianxo: arqueoloxía, litoral, miradoiros, montes, persoeiros ilustres, e moito máis patrimonio para gozar en primeira persoa. Subida ao Pico Muralla Roteiro ambiental polo río Té Roteiro arqueolóxico Ruta das Tres Cruces ...

Os puntos de información turística do Concello de Rianxo permanecerán abertos ao público no Museo do Mar de Rianxo e a Casa Museo de Manuel Antonio durante a ponte festiva de decembro, do 6 ao 10, co seguinte horario:

Actividade de turismo científico: PAISAXE E ARTE; MUDANZAS NATURAIS. O vindeiro 4 de novembro terá lugar ás 11:00 h (punto de encontro no Museo do Mar de Rianxo) a cuarta actividade da programación anual de turismo científico Observer do Concello de Rianxo 2017-2018. A xornada centrarase na mudanza natural e cultural das paisaxes, cun percorrido pola historia, a literatura, a arte e a poesía. A...

O pasado sábado, 14 de outubro, tivo lugar a ruta de sendeirismo "As Tres Cruces", organizada polo Concello de Rianxo dentro da programación do Goza do Ulla. Máis de 200 participantes puideron gozar dunha andaina que partiu da aldea mariñeira de Quintáns, pasamos a carón da Igrexa de Santa María de Isorna e a Casa reitoral, onde observamos o 13º hórreo máis longo de Galicia; logo pasamos...

A Fundación Paideia organiza un programa gratuíto de desenvolvemento do talento para emprendedores e profesionais do ámbito da economía e a cultura verde. A formación terá carácter presencial, na Fundación Paideia Galiza (A Escravitude, Padrón), nas tardes dos xoves, dende o 19 de outubro de 2017 ata o 15 de febreiro de 2018. Formulario de inscrición:...

O Concello de Rianxo presentou a ruta de sendeirismo Subida ao Monte da Muralla coa presenza do alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, a tenente de alcalde e concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Local, Comercio, Turismo e Medio Ambiente, Adelina Ces, e o concelleiro de Deportes e Patrimonio Histórico, Xusto Xosé Ordóñez. O enclave escollido para a presentación foi o lugar da Ermida,...

O Concello de Rianxo organiza a ruta de sendeirismo "As Tres Cruces", dentro do programa Goza do Ulla 2017, o sábado 14 de outubro. Trátase dun roteiro circular que transcorre pola beira do río Ulla, até chegar a  un Vía Crucis marítimo-fluvial situado na Punta de Trececruces, na ladeira do Monte Palleiro. Percorrerase a desembocadura do río Ulla pola ribeira pertencente ao concello de...

Fotos da actividade de turismo científico no Concello de Rianxo: RELOXOS DE SOL. A terceira actividade do programa anual Observer tivo lugar o pasado sábado, 2 de setembro, e a presencia do sol fixo posible que os asistentes coñecesen o funcionamento dos reloxos solares e gozasen dunha introdución amena ao mundo da astronomía.  

Novos horarios dos puntos de información turística de Rianxo, até o 14 de setembro. Nuevos horarios de los puntos de información turística de Rianxo, hasta el 14 de septiembre. New opening hours of the Tourist Office, valid until the 14th of September.

Actividade de turismo científico: RELOXOS DE SOL. O vindeiro 2 de setembro terá lugar ás 11:00 h, na praza de Castelao, a terceira actividade da programación anual de turismo científico do Concello de Rianxo 2017-2018. A xornada centrarase na astronomía e correrá a cargo do experto Salvador Bará, profesor de física da USC. A actividade será gratuíta e aberta a tódolos públicos, cun límite de 30...

O domingo 30 de xullo, entre as 15:00 e as 19:00, terá lugar na praia de Tanxil unha actividade lúdica de concienciación medioambiental. Instalarase unha aula móbil para informar e concienciar e haberá inchables para os cativos. Únete e axudemos a conservar o medio ambiente.  

O vindeiro 3 de agosto de 2017 terá lugar a segunda actividade da programación de Turismo Científico Observer do Concello de Rianxo: A noite dos morcegos. O obxectivo principal é dar a coñecer a vida e curiosidades dos morcegos con observacións reais destes mamíferos no seu hábitat. A actividade, que comezará as 20:00 e durará unhas 3 horas, está aberta a tódolos públicos e para realizar a...

Os días 5 e 6 de agosto terá lugar a VIII Festa do Mexillón de Rianxo. Poderanse degustar diferentes receitas dun dos produtos estrela de Rianxo. Os asistentes tamén gozarán de numerosas actividades ao longo da fin de semana, como actuacións musicais, bautizo de mar con motos acuáticas, inchables para os cativos ou travesías pola ría a prezos económicos.

Os días 21, 22 e 23 de xullo terá lugar a celebración da XXV Festa da xouba de Rianxo, que centrará a degustación principal o domingo 23. As persoas asistentes poderán desfrutar tamén doutras actividades programadas, entre as que destacan a ruta de tapas por locais da hostalaría do municipio, a arribada da xeiteira ao porto de Setefogas e o desembarco da xouba, os concertos, a travesía pola ría...

Con motivo da XXV Festa da xouba, os días 21, 22 e 23 de xullo terá lugar a ruta Rianxo en tapas en diversos locais hostaleiros do concello de Rianxo. Cada local ofrecerá unha especialidade propia  para degustar a xouba de Rianxo durante os tres días da ruta.

A Asociación de Ludotecas de Galicia, coa colaboración do Concello de Rianxo, organizan unha xuntanza o vindeiro sábado 20 de maio, a partir das 12.00 h. Haberá actividades para a rapazada, inchables e unha actuación teatral infantil a cargo do grupo OS QUINQUILLÁNS. AGARDÁMOSTE !

Con data do 9 de maio de 2017, recibiuse unha comunicación da xefatura territorial da Consellería de Sanidade referente á calidade das augas de baño das principais praias do Concello de Rianxo, cuxos resultados son os seguintes: A TORRE:  cualificación das augas para o baño BOA TANXIL: cualificación das augas para o baño EXCELENTE AS CUNCHAS: cualificación das augas para o...

Un ano mais, o Concello de Rianxo xunto con outros 18, formará parte do programa de sendeiros "Goza do Ulla". Como xa coñecedes, cada un dos concellos bañados polo río Ulla, propón un sendeiro que percorra o río. Este ano ten varias novidades, entre outras, procurouse darlle visión de "camiño", polo que as datas serán por ode cronolóxica,  empezando o primeiro roteiro  o 21 de maio...

No BOP de A Coruña de 24 de febreiro publicáronse as bases reguladoras da convocatoria do I concurso de fotografía turística “93 destinos por descubrir” da provincia da Coruña No seguinte enlace podedes ampliar a información: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/02/24/2017_0000001475.html  

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Turismo, Medio ambiente, Comercio e Desenvolvemento local, e enmarcado na aposta de amañar e coidar as sendas e o patrimonio, neste caso natural, vén de acondicionar o miradoiro do Castro Barbudo. Entre outras actuacións, levouse a cabo a roza das pistas de acceso e dotouse de sinalización con paneis informativos que permiten ao visitante...

  Hoxe presentouse en Rianxo a nova imaxe corportiva da mancomunidade de municipios Arousa Norte, á que pertencen os Concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo. O acto presideuno o Alcalde Rianxo, Adolfo Muíños, destacando as riquezas das catro vilas no senso arqueolóxico, gastronómico, paisaxístico, e un logo etc.... Asemade, acompañáronnos reprentantes políticos dos Concellos, así...

O vindeiro mércores 26 de abril celebraremo a I FEIRA DE OUTONO a partires das 10 da mañán no MERCADO MUNICIPAL/PRAZA DE ABASTOS. Haberá actividades de animación para nenos e nenas e postos de artesanía e productos ecolóxicos. AGARDÁMOSCHE!!!!!!!!

ACTUALIZACIÓN DE CONTIDOS DA WEB OFICIAL DO CONCELLO DE RIANXO Dende o departamento de turismo do concello de Rianxo, estanse a actualizar os contidos da web oficial www.rianxo.gal. É por elo, que se está a chamar e/ou visitar os locais hostaleiros e de aloxamento de cara a solicitar a actualización de datos, así como menús ou calqueroutra información que se desexe salientar. Esta labor non...

O concello de Rianxo participa na campaña Institucional "Separemos ben , reciclaremos mellor" que promoven a Consellería de Medio Ambiente do Territorio e Sogama, contando coa colaboración e apoio dos Sistemas Integrados de Xestión (SIX) de envases lixeiros, envases de vidrio, pilas e ersiduos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE).... Esta iniciativa consiste na oferta dun amplo abano...

Un ano mais, convidásmosvos a partcipar nun roteiro que, ademais de dar a coñecer o fermoso paseo fluvial polas marxes do río Té; axudaranos a mantelo limpo e en boas condicións. Para elo, ao longo do percorrido, iremos recollendo o lixo que atopemos. Chama ao 981-86.08.08 se che apetece participar  e o día 8 ás 10:00 da mañán vémonos na Laxe pequena.

          OS PASES   ESTÁN   ESGOTADOS       AGARDAMOS QUE AS MÁIS DE 420 PERSOAS QUE TEÑEN A OPORTUNIDADE DE DISFRUTAR DESTA HISTÓRICA VIAXE DISFRUTEN DA OCASIÓN

O programa Goza do Ulla 2016 propón percorridos pollos roteiros de sendeirismo dos concellos do Ulla. O percorrido de Rianxo está programado para o 9 de xullo, nunha roteiro didáctico que combina a etnografía do río Té (muíños, represas, usos do chan...) coa arqueoloxía (necrópoles neolíticas da idade do bronce e achado do casco de ouro de Leiro). A xornada remata con actividades...

O vindeiro sábado 16 de abril, celebrarase un obradoiro para a elaboración de xabóns caseiros, ás 17:00 horas no local do Antiguo liceo Rianxeiro. Aproveitando o aceite que nos sobra de fritidurías, converterémolo nun novo producto. Recoméndase traer nun recipiente aceite usado e, un bote limpo para levar o resultado do obradoiro. As inscrición realizaranse vía e-correo:...

O mércores 6 de abril, ás 12:30 horas no Salón de Plenos do Concello de Rianxo  celebrouse o acto de sinatura dos convenios para a posta en marcha de dous novos servizos. Convenio para a posta en marcha do servizo de contenerización para recollida de roupa, calzado e complementos: O concello de Rianxo asinou con Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, un convenio para a instalación...

O horario de atención ao público do servizo de información turística durante a Semana Santa en Rianxo será de 10.30 a 14.00 e de 17.00 a 19.30 horas, no Museo do Mar e na Casa Museo de Manuel Antonio.

En datas recentes instaláronse na contorna da fortaleza do Pazo uns paneis interpretativos do chamado Castelo da Lúa. Os textos están dispoñibles en tres idiomas no web turístico do Concello de Rianxo: omarfeitotradicion.gal/castelodalua Paneis informativos do Castelo da Lúa

O vindeiro domingo 27 de setembro, coincidindo coa oitava edición da Limpeza Simultánea dos Ríos, dentro do Proxecto Ríos, da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), o Concello de Rianxo convida a todos/as os interesados/as, a participar nunha ruta polo río Té, na que se levarán a cabo tarefas de limpeza polas marxes e canle do citado río. Sairase ás 10:00 horas da LAXE...

Un ano mais, o Concello de Rianxo participa no programa "Goza do Ulla"; a través do cal un total de 19 concellos "bañados" polo río Ulla dan a coñecer o valioso patrimonio natural, cultural e artístico do territorio polo que discurre este curso fluvial. O principal obxectivo é a promoción turística do citado territorio, polo que, cada concello ofrece rutas de sendeirismo de cara a difundir...

— Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 51 - 100 de 114 resultados.